Volver

Galicia Dec 29, 2017

MUFACE - Concertos e cambio de entidade


 
   Asisa, Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A.U.  
   DKV, Seguros y Reaseguros, Sociedad Anónima Española.
   Igualatorio Médico-Quirúrgico Colegial, S.A de Seguros.
   Segurcaixa Adeslas, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros.
 
Determinar que, durante os meses de xaneiro e xuño de cada ano de vixencia do concerto, os titulares afiliados a MUFACE que o desexen poderán cambiar de entidade, por unha soa vez en cada período, mediante a oportuna solicitude, para adscribirse a algunha das entidades de seguro que subscribiron o concerto para os anos 2018 e 2019, e que se relacionan no apartado segundo desta Resolución. Así mesmo, durante o mes de xaneiro de 2018, por unha soa vez e mediante a oportuna solicitude, os titulares afiliados a MUFACE que o desexen poderán optar por recibir asistencia sanitaria a través dos servizos públicos do Sistema Nacional de Saúde, mediante a súa adscrición ao Instituto Nacional da Seguridade Social. 
 
Só se admitirá unha solicitude de cambio en cada período ordinario. Os titulares que non soliciten cambio continuarán adscritos á mesma entidade que o estean ao 31 de decembro ou, no seu caso, ao 31 de maio de cada ano. Estes prazos son únicos para os cambios ordinarios de entidade, podendo realizarse cambios extraordinarios unicamente nos supostos específicos previstos no correspondente concerto.
171229_muface


#Muface #Funcionari@s

Volver