– Escolas infantís, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados que se detallan no anexo I.
– Centros de educación especial que se relacionan no anexo II.
– Colexios rurais agrupados, relacionados no anexo III.
– Suprimir os centros que se relacionan no anexo IV desta orde.
Aos centros que como consecuencia das modificacións que se sinalan no artigo primeiro incrementen o número de postos de traballo, aplicaráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992, pola que se regula a mobilidade dos docentes.
Así mesmo, aplicarase o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo.