Volver

Galicia Abr 10, 2018

Mesa Sectorial _ Resumo dende o punto 8º ata Rogos e Preguntas


Dende ANPE presentamos unha queixa por escrito ante a Consellería denunciando unha vez mais " o número desproporcionado de temas a tratar". Non cabe xustificación, e mais ainda como puidemos comprobar ao non poder rematala nunha sesión e ter que ser finalizada despois de Semana Santa.

Resumo Primeira Sesión (21/03/18) : Concurso de méritos para dirección, Concurso de méritos par atención alumnado preferente, Instruccións excedencia voluntaria, Currículos EOI, Currículo ciclo superior augas bravas e tranquilas e Organización de materias Bacharelato.

Resumo Segunda Sesión (10/04/18) - Reintegro individual de Gastos por asistencia a actividades de Formación do 2018, PIALE, Licenzas por Formación e 

ROGOS e PREGUNTAS.

ANPE GALICIA demanda con carácter inmediato a convocatoria da próxima Mesa Sectorial MONOGRÁFICA para negociar a equiparación retributiva do profesorado galego.

ANPE GALICIA demanda tamén a apertura de negociacións na nosa Comunidade Autónoma para a eliminación dos descontos nas retribucións por situación de Incapacidade Temporal.

ANPE GALICIA demanda novamente o aboamento dos meses de verán para o profesorado interino que acredite ter traballado un mínimo de 5 meses e medio durante o curso académico.

ANPE GALICIA denuncia a supresión de determinadas titulacións na Orde de convocatoria de oposicións para poder formar parte das listaxes de substitucións.

ANPE GALICIA rexeita categóricamente o que denominamos “aprobados de alumnado nos despachos”. Denunciamos que non se respecten as vías de reclamación e se opte por acudir directamente á inspección que desautoriza constantemente ao profesorado aprobando ao alumno. O aumento deste tipo de situacións en Galicia é alarmante. ANPE considera que a Administración debe tomar medidas de xeito inmediato

ANPE GALICIA denuncia a NON publicación das vacantes definitivas do CXT en tempo e forma.

ANPE GALICIA solicita a percepción do complemento retributivo para todas as coordinacións sen excepcións.

ANPE GALICIA solicita a dotación de persoal de administración para todos os centros educativos.


#Mesa sectorial #Acción sindical

Volver