Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en psicopedagoxía, doutoramento, licenciatura ou grao en pedagoxía ou en psicoloxía, doutoramento ou licenciatura en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito Decreto.
A solicitude cubrirase a través de Internet, empregando o portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.
As vacantes do Anexo II