Volver

Galicia Nov 07, 2018

Mesa Sectorial - Concurso específico de Orientación para o corpo de Mestres


BORRADOROrde do 22 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do  departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en psicopedagoxía, doutoramento, licenciatura ou grao en pedagoxía ou en psicoloxía, doutoramento ou licenciatura en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito Decreto.

A solicitude cubrirase a través de Internet, empregando o portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

As vacantes do Anexo II


#Acción sindical #Mesa sectorial #Orientación educativa

Volver