Volver

Galicia Xun 26, 2017

Materias de libre configuración autonómica


Luns 26/06/2017    Identidade dixital, consumo responsable, valores democráticos europeos e mobilidade escolar sostible e segura, novas materias para o curso 2017/18    As catro poderán impartirse en primeiro e/ou segundo curso da ESO e terán unha carga horaria dun período lectivo semana. Actualmente ofrécense 9 materias na ESO e 10 en bacharelato.    Todas elas, cuxo currículo concreto se pode consultar na seguinte ligazon https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/materias_de_libre_configuracion_2017.pdf, poderán ofrecerse en primeiro e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria e terán unha carga horaria dun período lectivo semanal. O obxectivo é seguir incrementando as opcións de elección dos centros docentes, dentro do seu marco de autonomía, así como do alumnado, que poderá comezar a configurar o itinerario educativo segundo os seus intereses.   Identidade dixitalCoa materia dedicada á Identidade dixital preténdense abordar os contidos desta disciplina, entendida como o conxunto da información sobre un individuo ou organización exposta na internet (datos persoais, imaxes, rexistros, novas, comentarios, etc.) e que conforman unha descrición deste ente no plano dixital.Tendo en conta que vivimos nunha sociedade eminentemente dixital, faise precisa unha xestión eficiente da información persoal que o alumnado sobe á rede. O obxectivo último pasa por dotar aos mozos e mozas das ferramentas necesarias para a xestión da súa privacidade que favorezan a súa participación en todos os ámbitos da vida futura, e en especial para a construción dunha reputación na rede que axude a construír os proxectos de vida persoal e profesional.Cómpre resaltar que a posta en marcha de ‘Identidade dixital’ se enmarca no desenvolvemento da futura Estratexia galega de educación dixital 2020.Consumo responsableCoa introdución no currículo da ensinanza obrigatoria de Consumo responsable búscase formar unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades, disposta a actuar nunha sociedade globalizada e cambiante. O obxectivo último é formar consumidoras e consumidores responsables, informados, conscientes, críticos e solidarios, que saiban non só os seus dereitos, senón tamén os seus deberes, e a importancia de estar en todo momento debidamente informados sobre as características dos bens, produtos e servizos postos á súa disposición no mercado. Así mesmo, tamén se abordará a prevención do consumismo excesivo e os seus efectos negativos para a sociedade e o medio ambiente.Valores democráticos europeosTal e como figura no currículo desta nova materia, a aprendizaxe dos valores necesarios para a construción da sociedade do futuro non é posible á marxe da praxe e da actividade cívica do alumnado, do exercicio dunha cidadanía activa e da participación, dentro da propia comunidade educativa, desde un enfoque integral con coherencia entre o que se di e o que se fai.Neste sentido, procúrase promover o diálogo intercultural, a colaboración con toda a comunidade educativa e a relación dos actores sociais relevantes da contorna, entendendo estas actividades como un beneficio mutuo entre escola e sociedade, entre individuos e sociedade, que repercutirá na convivencia e no progreso da cidadanía en xeral.Mobilidade escolar sostible e seguraA materia Mobilidade escolar sostible e segura abordarase desde un punto de vista cívico co obxectivo de poñer o foco no respecto polas normas de convivencia no uso do espazo público por parte de toda a cidadanía. Cómpre garantir a presenza e a seguridade de todas as persoas no exercicio dos seus desprazamentos e usos no espazo de todos, asegurando o respecto polas normas de mobilidade a prol da seguridade, desde unha especial preocupación polos colectivos máis vulnerables no uso da vía pública (nenos, maiores, ciclistas e persoas con mobilidade reducida).Por tanto, o fin último desta materia é formar ao alumnado en todos os aspectos relacionados coa mobilidade, fundamentándoa nos principios de benestar, convivencia, seguridade, eficiencia, igualdade e corresponsabilidade.       


#Centros #Documentos de Interese

Volver