Licenzas por formación para o curso 2018/19


24 Mai, 2018

WEB - Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2018/19 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.

Preinscrición: ata o 4 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO

Inscrición: ata o 25 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no portal educativo.

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2018/19 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
c) Persoal interino.

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2016/17 e 2017/18, e no 2018/19 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2018/19, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2017/18, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

b) Persoal en prácticas

O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesor interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades: ENLACE

Documentación necesaria

-  Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
-  Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

-  Documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

-  Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

·         881 99 76 35. Cuestións administrativas e modalidade 6.

·         981 52 24 11 (CAFI-Departamento TIC). Incidencias con Fprofe e modalidades 1, 2 e 5.

·         981 54 65 52. Modalidades 3 e 4.

Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria