Volver

  • Noticia destacada

Galicia Mar 08, 2019

Lei 4/2019, do 7 de marzo, de mellora das condicións para o desempeño da docencia e o ensino


BOELei 4/2019, do 7 de marzo, de mellora das condicións para o desempeño da docencia e o ensino no ámbito da educación non universitaria.

O Real Decreto-lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo pero, a favorable evolución da situación económica do país como a aprobación posterior doutras normas con incidencia en aspectos a que se refiren as medidas aprobadas, aconsellan a súa revisión á luz da situación actual.

Por outra banda, o artigo 4 do Real Decreto-lei 14/2012, referido á substitución de profesores nos centros docentes públicos, establece que o nomeamento de funcionarios interinos por substitución transitoria dos profesores titulares producirase unicamente cando transcorresen dez días lectivos desde a situación que dá orixe ao devandito nomeamento, debendo ser atendido o período previo cos recursos do propio centro docente. Tras a modificación do citado artigo pola disposición final décima quinta da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2016, establécense unha serie de supostos nos que poderá procederse inmediatamente ao nomeamento de funcionarios interinos por substitución transitoria dos profesores titulares: cando o profesor substituído preste atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, cando preste servizo en centros docentes que teñan implantadas menos de dúas liñas educativas, cando imparta docencia en segundo curso de Bacharelato e cando a causa da substitución sexa a situación de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, de conformidade co Código Civil ou as leis civís das Comunidades Autónomas que o regulen.

Coa presente Lei perséguese, por tanto, reestablecer a situación anterior ao Real Decreto-lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.

Artigo único. Medidas de mellora da docencia

1. As Administracións Educativas proverán os recursos necesarios para garantir que non se supere o número máximo de alumnos por aula na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria establecido no artigo 157.1.a) da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, e o fixado mediante norma regulamentaria para os restantes ensinos regulados pola citada Lei Orgánica.

2. As Administracións Públicas con competencias educativas poderán establecer, no seu respectivo ámbito, a parte lectiva da xornada semanal do persoal docente que imparte ensinos regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, en centros públicos, recomendándose con carácter ordinario un máximo de vinte e tres horas nos centros de Educación Infantil, Primaria e Especial e un máximo de dezaoito horas nos centros que impartan o resto de ensinos de réxime xeral reguladas pola devandita Lei Orgánica.

Disposición final primeira. Aplicación. 1. As previsións contidas no artigo único desta Lei serán de aplicación a partir do inicio do curso escolar inmediatamente posterior á entrada en vigor da mesma. 2. Coa finalidade de facer efectivas as previsións contidas nesta Lei por parte das Administracións Educativas, a Administración Xeral do Estado establecerá un marco de financiamento adecuado e suficiente.

Á ESPERA DE QUE O GOBERNO GALEGO o aprobe para levalo a cabo o vindeiro curso, como xa está a ocurrir en outras comunidades.


#Docentes #BOE

Volver