Volver

Galicia Dec 07, 2017

Lectorado de lingua, literatura e cultura galegas


   ORDE do 22 de novembro de 2017 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nas universidades Nova de Lisboa e Federal da Bahia (ED110A).
 
   
 
   O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.
 
   O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección do responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con este.
    

Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

• Licenciatura en Filoloxía Galega.

• Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.

• Grao en Lingua e Literatura Galegas.

• Grao en Estudos de Galego e Español.

• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

   As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada
 
   O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
171211_bolsaslect


#Exterior #Premios, Becas e Axudas

Volver