Volver

Galicia Mai 08, 2017

Interin@s e Substitut@s - Galicia 05-2017


Luns 08/05/2017 ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e da relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría (anuncio de apertura do prazo de data 10 de febreiro de 2017, Diario Oficial de Galicia número 38, do 23 de febreiro).    Contra as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que lle pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo.     Martes 04/04/2017 Anuncio do 29 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002- Grego, 590003- Latín, 590124- Sistemas electrónicos e 590125- Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206- Instalacións electrotécnicas, 591210- Máquinas servizos e produción, 591212 - Oficina e proxectos de construción e 591218- Perrucaría (Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro).
    Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interporse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.    Relación de excluídos provisionais    LINK á web da Consellería   Xoves 23/02/2017   ANUNCIO do 10 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidades 590002-Grego, 590003-Latín, 590124-Sistemas electrónicos e 590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de profesores técnicos de formación profesional nas especialidades 591206-Instalacións electrotécnicas, 591210-Máquinas servizos e produción, 591212-Oficina e proxectos de construción e 591218-Perrucaría.       Deberá facerse unha instancia de solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse.O prazo para presentar a instancia ou as instancias de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial   O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado) 


#Bolsas de Traballo #Interinos

Volver