Intercambios provisionais de destino Mestres (permutas)


03 Ago, 2017

Xoves 03/08/2017   Apertura do prazo para solicitar os intercambios provisionais de prazas tras a publicación da adxudicación definitiva no portal educativo.  O modelo oficial de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), segundo o establecido na Orde do 17 de xuño de 2017.  (DOG 30/06/2017)  Mércores 12/07/2017 Bolsa de intercambios provisionais (actualizada o día 11 de xullo de 2017)     O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2017/2018 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar  a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina. No caso de que estean participando na adxudicación de destinos provisionais para o próximo curso tamén poderán solicitar a súa inclusión a partir da resolución desta. Recordámoslle que so se terán en conta as peticións do persoal docente que efectúe este trámite a  través do formulario, polo tanto todas as solicitudes realizadas por correo ordinario ou correo electrónico ata agora non se teñen en conta.   É importante que recorden que a partir da publicación da Orde do 17 de xuño que regula os intercambios provisionais, a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 2 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.   Acceso ao formulario