Volver

Galicia Abr 16, 2018

Instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU)


DOG - RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2018, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

 Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.

 A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes, denominadas respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba tratará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato.

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da segunda lingua estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

 


#Centros #Instrucións

Volver