Instrucións para a confección de nóminas en aplicación da Lei 6/2018


13 Xul, 2018

DOGORDE do 10 de xullo de 2018 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018 e se actualiza, con efectos do 1 de xaneiro de 2018, a contía das retribucións.

Apróbanse as seguintes instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018, para a súa actualización conforme o establecido na Lei 6/2018 e en aplicación da disposición adicional décimo cuarta da Lei 8/2017.

As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006, e por Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.