Instruccións Ciclos formativos


17 Ago, 2017

Xoves 17/08/2017  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.    O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia e regula, entre outros aspectos, a organización dos ciclos formativos, o desenvolvemento dos currículos, a oferta, a admisión, a matrícula e a avaliación nos ciclos formativos, as validacións e exencións dos módulos profesionais, e a obtención dos títulos de formación profesional.O Decreto 107/2014, do 4 de setembro, regula aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e establece vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.Tendo en conta estes decretos e a normativa que regula as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia, en particular a Orde do 12 de xullo de 2011 que regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e a Orde do 13 de xuño de 2015 que regula as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas, é preciso ditar as instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18 e, na súa virtude, esta dirección xeral