Inmersión lingüística - English Week


07 Xun, 2018

DOG - ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, dependentes desta consellería, para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

O desenvolvemento das actividades terá lugar en períodos semanais. As actividades desenvolveranse entre os meses de outubro, novembro e decembro de 2018.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de xullo de 2018.

Os centros interesados deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Certificación da aprobación polo Consello Escolar da participación nestas actividades, segundo o modelo que figura no anexo II.

b) Proxecto de participación, cun máximo de cinco folios, segundo o modelo que figura no anexo III.