IES Lama das Quendas - novas ensinanzas


09 Dec, 2016

Venres 09/12/2016   ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se autorizan as ensinanzas básicas iniciais de persoas adultas nos niveis I e II, no IES Lama das Quendas de Chantada.    A Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, sinala no seu artigo 9.2 que poderán impartir a educación secundaria para persoas adultas, nas súas distintas modalidades, aqueles centros autorizados para cada unha delas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta aconsellable ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención deste alumnado. 

historico