Volver

Galicia Mar 14, 2019

Asesores/avaliadores e composición das comisións de avaliación na acreditación de competencias profesionais.


DOG - RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019 pola que se habilitan asesores e/ou avaliadores no marco do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia ou familias profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo (BOE do 25 de agosto), de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, ven desenvolver o establecido no artigo 8.4 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establecendo o procedemento e os requisitos para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación, así como os seus efectos.

 


#Formación Profesional #Habilitacións

Volver