Volver

Galicia Feb 07, 2019

Francia: prórroga interinos 2018/19 e convocatoria 19/20


WEB MEFPFrancia. Convocatoria interinos 2019-2020 (Prórroga de las listas 2018-2019)

Mantéñense os aspirantes relacionados nos corpos e especialidades da  Resolución de PRÓRROGA das listas do curso 2018-2019 para o curso 2019-2020 sempre que á data do 30 de xuño de 2019 non houberen decaído no dereito de permanecer nas listas, de acordo cos criterios de permanencia nas listas previstos na base Undécima da Convocatoria para o curso 2018-2019.

Os aspirantes que forman parte da actual lista de interinos da Convocatoria para o curso 2018-2019 (Mestres) (Secundaria) non necesitarán presentar instancia de solicitude de permanencia nin acreditar novamente os méritos xa entón alegados e xustificados.

Os aspirantes que o desexen poderán achegar únicamente os méritos que fosen perfeccionados con posterioridade ao 9 de febreiro de 2018 (data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e documentación da Convocatoria para o curso 2018-2019)

As solicitudes tramitásense só por vía electrónica, a través do botón habilitado para ese efecto desde o 07 de febreiro de 2019 ás 00:00 ata o 21 de febreiro de 2019 ás 14:00.

 As solicitudes e escritos poderán presentarse en calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Enlaces relacionados:


#Exterior #Interinos

Volver