Volver

Galicia Mai 24, 2019

FP - Regulación de ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) 2019/20


DOGRESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo ás ensinanzas de formación profesional do sistema educativo para o curso 2019/20, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que nas páxinas web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional www.edu.xunta.gal e www.edu.xunta.es/fp estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria de incorporación de centros para participaren nos ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019/20.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de xuño de 2019. 

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

ENLACE á información


#Plurilingüismo #Formación Profesional

Volver