1.1. Poderá solicitar as axudas do fondo de acción social o persoal:
– Funcionario de carreira.
– Funcionario interino que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo.
– Laboral descontinuo (extinción de incendios).
– Laboral fixo ou temporal, cando o causante da prestación cobre máis do SMI e teña a axuda excluída polo artigo 35 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
– Profesores de relixión.
Que prestase servizos na Administración da Xunta de Galicia ou nos entes instrumentais do sector público autonómico no ano 2017 e que no prazo de presentación de solicitudes estea en situación de servizo activo ou en suspensión de funcións de carácter provisorio prevista no artigo 195 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
4.1. Os que estando incluídos no ámbito persoal da axuda desexen optar a ela deberán completar en liña a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, encontrarán na páxina web: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Posteriormente, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente asinada, perante as correspondentes unidades de persoal.
4.2. As persoas solicitantes deben xuntar á petición, ademais dos documentos acreditativos da renda per cápita, aqueles que se exixen na norma específica 1.4 e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.
4.3. O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas será de 15 días hábiles contados desde o día da publicación no Diario Oficial de Galicia.