Volver

Galicia Nov 15, 2017

FAS (Fondo de Acción Social)


RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2016 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.
 
    

Primeiro. Facer públicas as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2016 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública: ENLACE á web 

Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión provisional, no prazo de dez díaz hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 As reclamacións e presentación de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela.
171115_fas


#Convocatorias Específicas #Funcionari@s

Volver