Educación abre o prazo para participar no proxecto de innovación educativa eduMOTIVA

Volver

Galicia Feb 09, 2018

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) a convocatoria para que os centros soliciten participar na segunda edición do proxecto de innovación educativa EduMotivaCon, a través do que 19 persoeiros  de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais. Estes profesionais ofrecen aos centros educativos diferentes iniciativas co obxectivo de fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, o pensamento crítico e o traballo en equipo. Este proxecto desenvolverase entre febreiro e xuño de 2018, a través das diferentes actividades sobre distintas temáticas nas que son profesionais especialistas.

Poderán solicitar a súa participación neste proxecto os centros sostidos con fondos públicos, para o que deberán cubrir o formulario dispoñible no web do proxecto, http://www.edumotiva.gal, que estará dispoñible ata o 28 de febreiro. Os centros poderán escoller o persoeiro no que teña interese, en función das actividades que mellor se adapten ao seu contexto.

En total este ano haberá catro mentores novos, a doutora en Medicina e directora do CINBIO, África González; a empresaria do audiovisual Emma Lustres; a gaiteira Susana Seivane; e a empresaria e xerente na  consultoría de Ponle cara al Turismo, Sandra Touza; que se sumarán aos 15 que repiten experiencia por segundo ano consecutivo, nomeadamente os científicos e divulgadores Ángel Carracedo, Senén Barro e Jorge Mira; os xornalistas Luis Fraga e Kiko Novoa; a xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky; o músico Roi Casal; a médica Carmen Vidal; o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández; o escultor Manolo Paz; o publicista Miguel Conde; o cociñeiro Pepe Solla; o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares; o actor Manuel Manquiña; e a conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández Miguélez



#Plans e Programas #Centros

Volver