É mais necesario un MIR para políticos que un MIR educativo

Volver

Galicia Xan 31, 2018

É máis necesario un MIR para Políticos que un MIR educativo.

Era unha proposta do que fora alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, que alegaba que para todo traballo había que pasar uns filtros, unhas probas, xa que non todos valemos para todo, por que os nosos políticos non as pasan? ou é que todos valen?.

   Vén isto a conto ante a proposta a bombo e platillo do MIR educativo anunciado onte polo ministro Méndez de VIGO o que fai que de inmediato se me veña á cabeza un artigo escrito por Arturo Pérez Reverte, PATENTE DE CORSO, no que di que lle gustaría ver opositando aos nosos políticos para poder desempeñar a súa profesión, xa que como ben salientaba "a actividade política que determina o presente e condiciona o futuro, pode caer en mans de calquera. Ás veces, quizais de individuos excepcionalmente preparados, pero tamén, e iso resulta menos excepcional, de calquera “analfabestia” incompetente, varón ou femia, incapaz de articular suxeito, verbo ou predicado, cuxo único mérito, ou aval, é compartir ideoloxía ou intereses -a miúdo unha e outros van intimamente relacionados- cun partido político concreto".  Con todo o respecto para  os  fieis devotos de todos os partidos políticos, con certa desconfianza cara aos fanáticos, os estómagos agradecidos e os múltiples satélites humanos que sobreviven nas órbitas das siglas clásicas e das  siglas emerxentes estarían os seus dirixentes preparados para pasar unha “proba do algodón definitiva” para desempeñar o seu cargo, eu dubido que desta última fornada onde atopamos bastantes políticos de pacotilla, feirantes,  vendedores de fume, vividores por conta allea fosen capaces de dar un mínimo nunha proba que os avaliase. 

            Levamos uns anos escoitando que somos uns vagos, cando dedicamos a nosa vida á nosa profesión, e iso o din uns señores que non pisan os seus escanos ou se dedican a xogar ao "apalabrados" neles; anos escoitando que traballamos pouco, cando algúns destes señores se permiten o luxo de non aparecer durante meses polo seu posto de traballo e outros moitos o fan como unha parte máis do mobiliario de sesións; anos escoitando que non desempeñamos ben o noso traballo, cando os españois nas enquisas do CIS consideran a docencia como a profesión máis valorada globalmente. Como se atreven!

A diferenza da demagoxia dos nosos políticos  pecho a miña carta-denuncia dicindo que sería moi inxusto non mencionar que temos políticos que falan ata sete idiomas, Licenciados en Dereito, en Económicas, en Químicas, profesores de universidade, de institutos... con ampla experiencia laboral, destacadas personalidades, artistas... pero deploro a eses carentes de valores  que fan sen escrúpulos da política un medio de vida.

Julio Díaz Escolante, Presidente de ANPE Galicia

 

                                                                                                                          

180130_artigomir


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver