Volver

  • Noticia destacada

Galicia Mar 21, 2018

DOG_PUBLICADA ORDE de Oposicións 2018


DOG_ORDE do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Prazo - 15 días hábiles dende o día seguinte ( 22 de marzo á publicación desta orde no DOG ata o 13 de abril)

As solicitudes deberán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia LINK procedemento sede.xunta.gal

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Boletín Resumo: 

  • Cando está previsto que comecen as probas?

O procedemento selectivo, segundo establece a convocatoria, dará comezo o 23 de xuño de 2018, sen prexuízo do disposto nas bases oitava e novena da convocatoria no que atinxe ás probas de acreditación de coñecemento do castelán e do galego, para quen proceda, que terán lugar o día 8 de xuño de 2018, ás 17.00 e 18.00 horas respectivamente.

O acto de presentación, de asistencia obrigatoria, terá lugar o 23 de xuño de 2018 ás 9.00 horas.

Os sucesivos chamamentos serán realizados polo respectivo tribunal nos locais en que teñan lugar as probas e na páxina www.edu.xunta.es/oposicions.

180321_convoopos
notainfo_-opos18


#Oposicións #Convocatorias Específicas

Volver