Volver

Galicia Abr 09, 2018

DOG-Concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos


DOG - ORDE do 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar en situación de servizo activo e estar prestando servizos nun centro educativo ou organismo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

CORRECCIÓN DE ERROS (DOG 17/04/2018) 

  32016339 IES de Allariz - Allariz - Ourense

 


#Centros #Selección Director@s

Volver