Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4


21 Out, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que foron convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019 (código de procedemento PL500C).

Mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019 (código de procedemento PL500C) (DOG núm. 171, do 10 de setembro). Segundo o sinalado no seu punto terceiro, as datas concretas de realización das probas, que serán na segunda quincena do mes de novembro de 2019, serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.

No caso daquelas persoas as cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio para que poidan levar a cabo as probas, a data de realización destas seralles comunicada directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.