Volver

  • Noticia destacada

Galicia Mai 23, 2019

CXT 2019 - Resolución definitiva do Corpo de MESTRES


DOGRESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 31 de outubro).

Primeiro. Adxudicar destino definitivo, en virtude de concurso de traslados, ao persoal funcionario docente do corpo de mestres que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Declarar en situación de expectativa de destino o persoal funcionario do corpo de mestres que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Publicar a relación definitiva de persoas excluídas que se relacionan no anexo III, polas causas que se indican.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ENLACE á toda a información do CXT

 


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados

Volver