Volver

Galicia Dec 07, 2017

CXT - Comisión avaliadora


   RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

 
   Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como secretario ou secretaria da comisión o/a vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, Corrección de erros do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

171207_cxt


#Centros #Concurso de Traslados

Volver