Volver

Galicia Ago 20, 2019

Cursos preparatorios para certificados de lingua galega, CELGA en EOIs


DOGRESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre outubro de 2019 e maio de 2020, en horario de mañá ou de tarde.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nas epígrafes sétimo e décimo primeiro desta resolución:

O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 18 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 17 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Datas de realización dos cursos

1. Os cursos en liña do primeiro cuadrimestre comezarán o día 28 de outubro de 2019 e rematarán o 19 de xaneiro de 2020.

2. Os cursos en liña do segundo cuadrimestre comezarán o día 17 de febreiro e rematarán o 10 de maio de 2020.

3. As datas de inicio e remate dos cursos presenciais que figuran no anexo II son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web.


#Plurilingüismo #Habilitación Lingüística

Volver