Volver

Galicia Out 02, 2019

CURSO de formación sobre o desenvolvemento da FUNCIÓN DIRECTIVA


DOGRESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2019 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Ofértanse 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.

Prazas 150

A Coruña: 50

Lugo: 25

Ourense: 25

Pontevedra: 50

Resolución do 23 de setembro de 2019: Convocatoria

Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.

A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe., e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.

O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de outubro a marzo do vindeiro ano.

Constará de sete módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:

Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.

Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.

Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.

Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.

Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.

Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.

Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.

Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, e non computará a efectos das prazas ofertadas.

As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros días, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.

 Terceiro. Que a presentación e xestión de solicitudes de participación realizarase a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe.


#Funcionari@s #Selección Director@s

Volver