Curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva


15 Out, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Primeiro. Que no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal), estará dispoñible a Resolución do 30 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que a presentación e xestión de solicitudes de participación se realizará a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe.