Volver

Galicia Xan 31, 2019

Currículo de Técnico Deportivo Superior en Piragüismo de Augas Bravas e Técnico Superior en Augas Tranquilas


DOGDECRETO 176/2018, do 25 de outubro, polo que se establece o currículo dos ciclos de grao superior correspondentes ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas e ao título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

A competencia xeral do ciclo de grao superior en Piragüismo de Augas Bravas consiste en programar e dirixir o adestramento deportivo orientado á obtención e mantemento do rendemento deportivo en slálom; organizar, tutelar e dirixir a participación de persoas deportistas e equipos en competicións de alto nivel; coordinar a intervención do persoal técnico especialista; programar as tarefas e coordinar o persoal técnico ao seu cargo; planificar e xestionar a distribución de recursos humanos e materiais dentro dunha programación a curto e longo prazo; dinamizar as relacións entre persoas deportistas, persoal técnico e entre eles; organizar competicións e eventos propios da iniciación e tecnificación deportiva; e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e en condicións de seguridade.

Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, centros de alto rendemento e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de alto rendemento en piragüismo.

A competencia xeral do ciclo de grao superior en Piragüismo de Augas Tranquilas consiste en programar e dirixir o adestramento deportivo orientado cara á obtención e mantemento do rendemento deportivo en augas tranquilas; organizar, tutelar e dirixir a participación das persoas deportistas e equipos en competicións de alto nivel; coordinar a intervención do persoal técnico especialista; programar as tarefas e coordinar o persoal técnico ao seu cargo; planificar e xestionar a distribución de recursos humanos e materiais dentro dunha programación a curto e longo prazo; dinamizar as relacións entre as persoas deportistas, persoal técnico e entre eles; organizar competicións e eventos propios da tecnificación deportiva; e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e en condicións de seguridade.

Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, centros de alto rendemento e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de alto rendemento en piragüismo.


#Formación Profesional #Curriculo

Volver