Corrección de Erros da Orde de Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade do 26/01/18

Volver

Galicia Feb 07, 2018

BOE - Corrección de errores de la Orden ECD/42/2018, de 25 de enero, por la que se determinan las características, el diseño y el contenido de la evaluación de Bachillerato para el acceso a la Universidad, las fechas máximas de realización y de resolución de los procedimientos de revisión de las calificaciones obtenidas, para el curso 2017/2018. [LER]

 


BOE_Orde ECD/42/2018, do 25 de xaneiro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificacións obtidas, para o curso 2017/2018.

A presente orde ten por obxecto determinar:

a) As características, o deseño e o contido da proba da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.
b) As datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificacións obtidas.

A avaliación de Bacharelato realizarase exclusivamente ao alumnado que queira acceder aos ensinos universitarios oficiais de Grao.


As probas versarán sobre as materias xerais do bloque de materias troncais de segundo curso de Bacharelato da modalidade elixida para a proba e, no seu caso, da materia Lingua Cooficial e Literatura.

Os estudantes que queiran mellorar a súa nota de admisión poderán examinarse de, polo menos, dúas materias de opción do bloque de materias troncais de segundo curso. Sen prexuízo do anterior, as universidades poderán ter en conta nos seus procedementos de admisión, ademais da cualificación obtida en cada unha das materias de opción do bloque de materias troncais elixidas polo estudante, a dalgunha ou algunhas das materias xerais pertencentes ao bloque de materias troncais segundo modalidade e itinerario.

Así mesmo os estudantes poderán examinarse dunha segunda lingua estranxeira distinta da que cursasen como materia do bloque de materias troncais.
1. As probas deberán finalizar antes do día 15 de xuño de 2018. Os resultados provisionais das probas serán publicados antes do 29 de xuño de 2018.

2. As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria deberán finalizar:

a) Antes do día 13 de xullo de 2018, no caso de que a Administración educativa competente determine celebrar a convocatoria extraordinaria no mes de xullo. Neste caso, os resultados provisionais das probas deberán ser publicados antes do 21 de xullo de 2018.
b) Antes do día 15 de setembro de 2018, no caso de que a Administración educativa competente determine celebrar a convocatoria extraordinaria no mes de setembro. Neste caso, os resultados provisionais deberán ser publicados antes do 22 de setembro de 2018.

 

 

 

180126_probabach
180207_boe_erros


#Centros #Normativa educativa

Volver