Volver

Galicia Xun 28, 2017

Cooperativismo no ensino


Mércores 28/06/2017 RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios do Certame Cooperativismo no Ensino 2017, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.   Luns 06/02/2017    ORDE do 23 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.    Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as modalidades e nos termos previstos nestas bases.    O alumnado dos centros educativos de Galicia poderá presentar os traballos nas seguintes modalidades:a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos dirixidas ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.Artigo 5. Modalidade de actividades artísticas dirixidas ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial   A presentación de solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).2. As solicitudes deberán acompañarse do DNI da persoa representante (só no caso de denegar a súa consulta), así como os traballos ou documentos mencionados nos artigos 5, 6 e 7, para cada unha das modalidades.    O tribunal fará pública a relación provisional dos traballos propostos para os premios na web http://emprego.ceei.xunta.gal/    O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 30 de abril de 2017. Non obstante, se o período de presentación resultar inferior a un mes, as solicitudes e os traballos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 


#Centros #Premios, Becas e Axudas

Volver