Volver

Galicia Feb 18, 2019

Convocatoria Programa EduExchanges para 3º e 4º de ESO


WEBResolución do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Portal Educativo.

- Cada centro escolar seleccionará un número máximo de 20 alumnos e alumnas candidatos, sendo o mínimo esixible de 10 entre o alumnado de 3º e 4º de ESO.

- 20 h en innovación educativa para o profesor/a coordinador/a e 10 h para o profesorado acompañante.

Resolución do 14 de febreiro de 2019

Anexos I a V

Anexo VI

Instrucións para cubrir os anexos:

1-. Cubrir os anexos I, II, III e IV editables en LibreOffice Writer.
2-. Gardar os arquivos unha vez cubertos.
3-. Enviar os arquivos ao correo edulinguas@edu.xunta.es .
4-. Enviar unha copia en formato papel á Xefatura Territorial correspondente.

* Non é necesario enviar documentación en formato papel á Consellería.
* O anexo VI -Memoria- só será cuberto polos centros que se beneficien do programa.


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver