Volver

Galicia Xun 26, 2019

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa


WEBConvocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Resolución do 25 de xuño de 2019

Anexo

O prazo para presentar solicitudes e documentación finalizará o 30 de setembro de 2019

 

Este programa vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria.

Poderá participar neste programa o profesorado que imparta docencia en educación infantil ou primaria do centro solicitante, con preferencia para os de 4º, 5º ou 6º de educación primaria durante o curso 2019/20.

Os centros que participaron neste programa durante o curso 2018/19 poderán solicitar unha ampliación da súa participación presentándose a esta convocatoria. A súa selección estará suxeita a que non se cubran todas as prazas para centros de nova incorporación.

Os centros participantes neste programa durante o curso 2018/19, considérase automaticamente prorrogada a súa participación e non precisan realizar unha nova solicitude como consecuencia do proceso de continuidade e consolidación do proxecto.

 

A solicitude (anexo) e a documentación débese presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, tanto o anexo como a documentación remitiranse ao correo electrónicoroboticaprimaria@edu.xunta.gal nos prazos establecidos.

Actividade de innovación educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

 

 


#Centros #Plans e Programas

Volver