Volver

Galicia Xun 26, 2019

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa , Espazos Maker


WEBConvocatoria para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

Resolución do 25 de xuño de 2019

Anexo

O prazo de presentación de solicitudes e documentación finalizará o 30 de setembro de 2019

Os espazos maker poden xogar un papel destacado xa que permite traballar as áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM nas súas siglas en inglés) de xeito integrado a través de calquera das materias do currículo e axudar a adquirir as competencias transversais necesarias no século XXI.

Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Poderá participar neste programa o profesorado do centro que, preferentemente, imparta docencia en educación secundaria ou bacharelato en calquera especialidade.

Este programa vai dirixido ao alumnado que curse educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

A solicitude (anexo) e a documentación débese presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, tanto o anexo como a documentación remitiranse ao correo electrónico espazostem@edu.xunta.gal no prazo establecido nesta convocatoria.

Actividade de innovación educativa previa avaliación positiva da memoria presentada, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.


#Centros #Plans e Programas

Volver