Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do Prácticum Secundaria


11 Set, 2018

DOGRESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.

Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro que rexistrará todos os interesados, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados na aplicación Xade seguindo o itinerario: <Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <> e <>.

Para as escolas oficiais de idiomas, escolas de arte e superior de deseño e os conservatorios profesionais de música e danza, enviarán a súa solicitude ao enderezo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.es. Nesta solicitude indicarán os nomes do coordidador e dos titores cos correspondentes datos de DNI, especialidades e horarios (nocturno/diúrno).

O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade, non se poderá, a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles, para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas no portal educativo no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es