Volver

Galicia Mai 23, 2019

Convocatoria do Programa de inmersión lingüística "English Week" para 6º e ESO


DOGORDE do 8 de maio de 2019 pola que se regulan a convocatoria e a selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Poderán participar nesta convocatoria o alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2019. Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

Número de prazas: 300.  Importe individual: 484 euros.

1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.

2. Levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2019.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xullo de 2019.

 


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver