O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
ENLACE á aplicación CENTROSEDUCATIVOS (para calcular distancias so desde o móvil ou tablet)
As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda, e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no enderezo da internet www.edu.xunta.gal o 2 de xullo de 2018. Publicadas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para presentar reclamacións. Transcorrido este prazo publicarase a lista definitiva do persoal docente que ten a obriga de participar. A data previsible de publicación da lista definitiva é o 26 de xullo de 2018.
CORPO DE MESTRES
1. A data previsible de resolución provisional é o 27 de xullo de 2018.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é de dous (2) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal e por medios electrónicos en sed.xunta.gal.
2. A data previsible da adxudicación definitiva é o 3 de agosto de 2018.
CORPOS DE SECUNDARIA
1. A data previsible de resolución provisional é o 31 de xullo de 2018.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional do concurso é dende o día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal ata o 3 de setembro de 2018.
2. A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal é o o 11 de setembro de 2018.