Volver

Galicia Mai 27, 2019

Convocatoria de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas


DOGORDE do 8 de maio de 2019 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (código de procedemento PL500F).

Persoas beneficiarias

Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e que cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Artigo 6. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada.

2. As persoas interesadas poderán solicitar, como máximo, 3 destinos que deberán relacionar no anexo I por orde de preferencia.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Artigo 8. Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Cultura e Turismo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Exterior #Universidade

Volver