Volver

Galicia Xun 18, 2019

Concursos de méritos para cubrir prazas de persoal asesor, CEFOREs, CAFI, Convenio e Atención Preferente


DOGRESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor; da convocatoria do concurso de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos; da convocatoria do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da convocatoria do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

Primeiro. Que no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es, estarán dispoñibles as seguintes:

Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

 

Segundo. Que o prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que para participar en cada un dos concursos anunciados as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude e a documentación requerida en cada caso.

 

 


#Funcionari@s #Convocatorias Específicas

Volver