Volver

Galicia Nov 09, 2017

Concurso Xeral de Traslados


Concurso Xeral de Traslados

Luns 06/11/2017

 
   ORDE do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.
 
   O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Do 7 ao 27 de novembro.
 
   Nas especialidades de Educación Infantil, Primaria, Ciencias Sociais do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica e en todas as especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional será requisito imprescindible estar en posesión do certificado de lingua galega (Celga 4), ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado da escola oficial de idiomas. Para estes únicos efectos entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo. 
 
   ENLACE para participar 
 
   Boletín resumo do Concurso de Traslados de ANPE
 
 
 Vacantes Provisionais Coruña_ Mestres //  PES  // EASD_EOI_CMUS  // PTFP
 Vacantes Provisionais Lugo_ Mestres //  PES // Anexo novo
 Vacantes Provisionais Orense_ Mestres //  PES
 Vacantes Provisionais Pontevedra_ Mestres // PES 
 
 CATÁLOGO DE CENTROS : A CoruñaLugoOurense e Pontevedra 
concurso de traslados 2018_para pdf
171106_boletincxt


#Concurso de Traslados #Mobilidade do Profesorado

Volver