Volver

Galicia Dec 13, 2018

Concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir a xefatura do departamento de ORIENTACIÓN


DOGORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.

ENLACE para participar

As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo II desta orde, e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo III.

As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base que é o centro que aparece no primeiro lugar.

Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou equivalente.

Cuarta. Poderán participar na presente convocatoria

a) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

b) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

c) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres/as que, estando adscrito a prazas no exterior, deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no curso 2019/20.

d) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que estea en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais.

e) O persoal funcionario que estea en situación de excedencia voluntaria.

Quinta. Forma de participación

 A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt

Sexta. Presentación de solicitudes

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo no que presta servizos o persoal concursante.

Sétima. Prazo de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Décimo quinta. Reclamacións e renuncias

No prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web da consellería.

Décimo sexta. Resolución definitiva

Contra esta resolución o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes.

Disposición adicional primeira

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estean participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 15 de outubro de 2018, pola que se convoca concurso de traslados de ámbito autonómico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados #Orientación educativa

Volver