Concurso de Traslados específico de ADULTOS


21 Nov, 2019

DOGORDE do 13 de novembro de 2019 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

>>> ENLACE para participar: https:// www.edu.xunta.es/cxt  aínda cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude, que se imprimirá unha vez cubertos os datos de participación no concurso.

As vacantes que se ofertan neste concurso son as que se publican no anexo I desta convocatoria para o corpo de mestres, para os corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, e as resultas que se produzan en cada corpo na resolución do propio concurso.

Na especialidade de educación primaria do corpo de mestres, nas de Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía do corpo de profesores de ensino secundario será requisito imprescindible estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalentes.

a) Persoal que completou o expediente persoal na base de "datos persoais" - comprobar baremo e se falta algo o non se baremou > alegación ao baremo. De alegar algún mérito novo, terá que facelo na aplicación de "datos persoais" soamente. Imprimir documento e adxuntar coa instancia e as fotocopias dos méritos.

b) Persoal que non completou o expediente persoal na base de datos - alegará os méritos na aplicación de "datos persoais" soamente. Imprimir documento e instancia adxuntando fotocopias dos méritos alegados.

RECORDAR que, méritos nos puntos 6.1 e 6.3 do anexo II imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e, xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base común décimo segunda, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Non se computarán como días hábiles os sábados, domingos e os días festivos.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.