Concurso de Orientación - Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional


26 Feb, 2019

WEBPublicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación para o ano 2019

Para consultar a baremación o persoal docente do corpo de mestres que participen no concurso específico elixirá no menú a opción Listaxes concurso > Listaxes de intancias.

Na disposición décimo quinta da Orde do 22 de outubro (DOG núm. 237, do 13 de decembro de 2018) establecese que o persoal concursante poderá formular reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería. O prazo será desde o 27 de febreiro ata o 15 de marzo.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a solicitude validada. No caso de formular unha reclamación deberá premer na ligazón “Reclamar baremo” da columna “Prazo reclamación baremo provisional” e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta xanela poderá reclamar en cada un dos apartados que considere necesario.

3º Cando remate de redactar a reclamación hai que premer no botón “gardar” e a continuación no botón “volver”.

Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe que deberá presentar por correo electrónico.

ENLACE ao CXT

Máis información:

Para calquera información ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co Servizo de profesorado de Educación Infantil e Primaria:
Teléfonos: 981 545495 – 981 544487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es

Orde do 26 de novembro de 2018 (DOG)

Instrucións para a reclamación da baremación