Volver

Galicia Xul 03, 2019

Concurso de méritos para cubrir postos nos Equipos de Orientación Específico


DOG ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Mediante a Orde do 22 de outubro de 2018 e mediante a Orde do 26 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 7 de novembro de 2018, e núm. 46, do 6 de marzo de 2019, respectivamente) convocouse concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 10.3, os postos adxudicados serán con carácter definitivo, polo que as persoas seleccionadas se deberán incorporar con data do 1 de setembro de 2019, tras cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Alumnado #Orientación educativa

Volver