Volver

Galicia Abr 12, 2019

Concurso de méritos para dirección de centros - corrección de erros


DOGCORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de marzo de 2019 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do 1 de abril de 2019, é necesario efectuar as seguintes modificacións:

Na páxina 16685, na disposición adicional primeira, onde di:

«Poderá participar neste concurso de méritos o persoal docente que non reúna o requisito establecido no artigo 2.d) da presente orde. Estas persoas poderán ser seleccionadas naqueles centros en que non haxa persoas candidatas e o seu nomeamento farase coa obriga de realizar o curso de formación ou, se fose o caso, de actualización de competencias directivas que convoque a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/20».

Debe dicir:

«Poderá participar neste concurso de méritos o persoal docente que non reúna o requisito establecido no artigo 2.d) da presente orde. Estas persoas poderán ser seleccionadas naqueles centros en que non haxa persoas candidatas que reúnan os requisitos e o seu nomeamento farase coa obriga de realizar o curso de formación ou, de ser o caso, de actualización de competencias directivas que convoque a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/20».

No anexo I, Centros con praza vacante de dirección para o curso 2019/20


#Centros #Selección Director@s

Volver