Volver

Galicia Xun 16, 2017

Concurso de méritos - Persoal Asesor


Venres 16/06/2017     RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor.    Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/portaleducativo) estará dispoñible a convocatoria de concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería     O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.     Deberán cubrir a solicitude que figura como anexo III da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria                            >> Orde do 7 de xuño de 2017


#Convocatorias Específicas #Funcionari@s

Volver