Volver

Galicia Xun 29, 2018

Concesión dos premios do certame Cooperativismo no Ensino 2018


DOG - RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no Ensino 2018, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.

Mediante a Orde do 15 de decembro de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018), establecéronse as bases reguladoras do certame Cooperativismo no Ensino 2018, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018.

Nas bases reguladoras establécese que os traballos participantes neste concurso serán avaliados por un tribunal e que a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitidas as propostas de concesión dos premios polos tribunais encargados de avaliar os traballos presentados, nas súas reunións do 15 de maio de 2018, e sen que fosen formuladas reclamacións, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Emprego, do 15 de xuño de 2018, aprobouse a concesión dos premios.

NORABOA  a todos os participantes e, especialmente aos premiados!!!!


#Centros #Premios, Becas e Axudas

Volver